about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
martes, 11 de marzo de 2008,8:12
Agasallos bonitos bonitos!
Xa sabedes como vai non?


*TOP 5 *





*Os peores agasallos da historia*





No posto nº 5 por "Sálvaste porque es quentiña"... A MIÑA BATA DE CASA ROSA!!
Trouxéronma os reis hai un par de nadais, supoño que se confundiron porque na etiqueta poñía "Violeta" pero aínda lle discuto á miña nai que é rosa.



Dademe a razón! é ou non é rosa?

No posto nº 4, por "Inutilidade intrínseca sobre a miña persoa"... PENDENTES!
Que, coma eu non tiro nada, acabaron funcionando de chinchetas ou despezados e convertidos en colgantes.
Están no 4 porque nunca me regalaron uns tan feos...

No posto nº 3 por "En que momento imaxinaches que ia usar iso?" O MOEDEIRO DA AMIGA DE KITTY
Que está nun caixón cheo de moedas de céntimo, xa dixen que eu non tiro nada?


Era ese becho de aí. Din que é un coello, vale, pon que cho creo, pero que (insertar palabra malsoante) leva na cabeza.








No posto nº 2, achegándose peligrosamente ao peor agasallo da historia por "Maiormente cutre" ... UNHA AXENDA DE PIOLÍN ATRASADA!!!




Con esa non puiden facer nada, segue nalgunha caixa por aí creo...








E co nº 1... (que nerviosss) por "Que che fixen eu para merecer este castigo?".... A CAMISETA ESTAMPADA COS COELLIÑOS DE PLAY BOY

Que nin sequera fixo falla cambiar, porque en canto lle explicamos á boa da muller que eran eses coelliños tan monos xa ma cambiou ela.

posted by O gato violeta
Permalink | 6 rabuñadas