about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Ultimas entradas
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
lunes, 25 de diciembre de 2006,8:52
Bad Santa


ah, o nadal, por fin nadal é tan bonito... coas luces, as panxoliñas, os nenos berrando "quero isoooo", as colas interminables, os atascos de tráfico, os bebes chorando en canto os pais os sentan no colo dun home gordo cunha barba que pica e lles sacan fotos emocionados, as botelles de champaña que cando as miraches en novembro custaban 2,50 euros e agora costan 6, ti dicindo "se merco agora o turrón cando chegue noiteboa xa o comin todo, xa o mercarei" e cando chegas ao supermercado so queda do "suchard"... esas cousas do nadal que chegan directamente ao corazón e ao peto.
E quen dixo que o Papá Noel ese non existe? Claro que existe, pero só sabemos a versión que os protectores pais contenlles aos seus fillos. Papá Noel existe, só que realmete non se chama así, chamase "señor executivo da megacadea de grandes almacéns",e sí, traelle regalos aos nenos bós, e aos malos tamén, polo módico prezo de 40 euros a boneca e 80 o coche teledirixido, e é un señor gordo e calvo que, en vez de vivir no Polo Norte, reside na súa mansión de Miami o Benidorm. En fin, as historias sobre o tal Papá Noel ao final non ian tan desencamiñadas.
Bó Nadal compradores compulsivos, a ver se entre todos podemos mercarlle a "Santa Claus" outro ferrari máis.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink |