about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
sábado, 27 de enero de 2007,7:02
Apatía post vacacional.
Xa estamos nela. Hai un mes que remataron as vacacións de Nadal e aínda estou co regusto a turrón de chocoltate e coa típica apatía que se estende polos compañeiros e os preofesores igual que a gripe alá polo outono.

A preimeira semana post vacacional e a "semana do mestre cabreado". Dicir "primeira hora do primeiro luns despois duhas vacacións tan longas coma as de Nadal" e o mesmo que dicir "bronca colectiva" ainda que sexamos unha clase de 12 persoas superdotadas e máis pelotas que o axudante do señor Burns, ese dia non nos libra da bronca ninguén. De feito ti estás tan feito puré coma eles, só que se ti lles berras xa podes dar por feito que cando teñas 30 anos vas seguir esn segundo.

Esa semana non se toca un libro, nin ti nin o profesorado... ninguén.

A segunda semana alguén se da de conta de que, misteriosamente, levamos en todas as materias unha semana de retraso. Pois nada, a correr.


A terceira semana temos os primeiros exames, recuperacións, traballos etc.
*
Cuata semana. Caos.

Exames parciais das duas semanas nas que fixemos algo. Os oito na mesma semana.
O mundo debe de rematar en febreiro...

*Pois aquí estou eu! no asterisco! flipando porque o xoves nos dixeron que o luns tiñamos un exame.

Se alguha vez tardo moito tempo en actualizar o sitio este e porque me atopo noutro asterisco da miña vida académica.

Sorte coa dos que a teñades.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 6 rabuñadas
jueves, 4 de enero de 2007,15:04
Poesía oriental.
Vivimos separados facendo cousas distintas
pero o noso destino é o mesmo.

Sol no ocaso
nubes rebeldes
lua tardia, crepúsculo no ceo
Non é acaso a miña imaxe?
Coas mans sobre o chan nunca
reverencia recita unha poesía:
A ra.
Quixera coñecer os seus soños entre as flores!
Pero as bolboretas non teñen voz!
A barca vaise
a gaivota regresa ao mar
as ondas rompen sobre a costa
o sol ponse

Un neno detense a mirar as flores
coa boca aberta, un pequeño Buda.

Só coa forza
non poderedes abrir
nin sequera a pequena xema
dos froitos silvestres

Ser emperador dunha illa deserta.
Que felicidade!

As miñas ideas confúndense e pérdense
lentamente, pouco a pouco
coas nubes do infinito

Para admirar as cerdeiras en flor
guiado por la nai acude o pequeno cego.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 3 rabuñadas
lunes, 1 de enero de 2007,12:36
PROBAS DE QUE A RAZA HUMANA DIRIXESE INEXORABLEMENTE CARA A ESTUPIDEZ
Aí van algunhas instruccións auténticas que aparecen nas etiquetas de diversos productos de consumo:

  • Na caixa de xabón Dove,
    INDICACIÓNS: UTILIZAR COMO XABÓN NORMAL.
    (Como se usan os xabóns... NON normales...?)
  • Algunas comidas conxeladas Findus:
    SUXERENCIA PARA SERVIR: DESCONXELAR PRIMEIRO.
    (Pero só é una suxerencia...)
  • No postre Tiramisú marca Savory (impreso en na parte de abaixo da caixa):
    NON DAR A VOLTA AO ENVASE.
    (Ups, demasiado tarde!.)
  • Nun paquete dunha plancha Rowenta:
    NON PLANCHAR A ROUPA SOBRE O CORPO.
    (Sin comentarios)
  • Nun xarabe contra a tos para nenos:
    NON CONDUZA AUTOMÓBILES NIN MANEXE MAQUINARIA PESADA DESPOIS DE USAR ESTE MEDICAMENTO.
    ( Evitaríanse un montón de accidentes laborais se arredaramos a estes
    peligrosos energúmenos...)
  • Nun coitelo de cocina coreano:
    IMPORTANTE: MANTER FORA DO ALCANCE DE NENOS E
    MASCOTAS.
    (Pero qué mascotas teñen os coreanos!)
  • Nunha tira de luces de Nadal fabricadas en China:
    SÓ PARA USAR NO INTERIOR OU NO EXTERIOR
    (Ollo, única e exclusivamente...)
  • Nun paquete de froitos secos de American Airlines:
    INSTRUCCIÓNS: ABRIR O PAQUETE, COMER OS FROITOS SECOS.
    (Uff, grazas!)
  • Nuna serra eléctrica sueca:
    NON INTENTE DETER A SERRA COAS MANS O AS PERNAS.
    (Non se me ocorrería facelo!!!)
  • Na caixa dun televisor Wauta TV340:
    ANTES DE MIRAR UN PROGRAMA ACENDA O TELEVISOR.
    (Error...........primeiro debe enchufarse)
  • No manual dun teclado RAZOR Keyboard XP:
    SE O SEU TECLADO NON FUNCIONA, ESCRÍBANOS UN E-MAIL A: tec@razor.com
    (Como merda ESCRIBO un email se non funciona o teclado!!!)

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 4 rabuñadas