about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
sábado, 27 de enero de 2007,7:02
Apatía post vacacional.
Xa estamos nela. Hai un mes que remataron as vacacións de Nadal e aínda estou co regusto a turrón de chocoltate e coa típica apatía que se estende polos compañeiros e os preofesores igual que a gripe alá polo outono.

A preimeira semana post vacacional e a "semana do mestre cabreado". Dicir "primeira hora do primeiro luns despois duhas vacacións tan longas coma as de Nadal" e o mesmo que dicir "bronca colectiva" ainda que sexamos unha clase de 12 persoas superdotadas e máis pelotas que o axudante do señor Burns, ese dia non nos libra da bronca ninguén. De feito ti estás tan feito puré coma eles, só que se ti lles berras xa podes dar por feito que cando teñas 30 anos vas seguir esn segundo.

Esa semana non se toca un libro, nin ti nin o profesorado... ninguén.

A segunda semana alguén se da de conta de que, misteriosamente, levamos en todas as materias unha semana de retraso. Pois nada, a correr.


A terceira semana temos os primeiros exames, recuperacións, traballos etc.
*
Cuata semana. Caos.

Exames parciais das duas semanas nas que fixemos algo. Os oito na mesma semana.
O mundo debe de rematar en febreiro...

*Pois aquí estou eu! no asterisco! flipando porque o xoves nos dixeron que o luns tiñamos un exame.

Se alguha vez tardo moito tempo en actualizar o sitio este e porque me atopo noutro asterisco da miña vida académica.

Sorte coa dos que a teñades.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink |