about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
sábado, 26 de enero de 2008,6:30
As cinco fases do (post)exame.


Fase nº 1: Negación (do evidente)

Exame? que exame?, eu non tiña ningún exame (mamá)







Fase nº 2: Ira

Aaaaaaahhhhhhhh!!!!! por que non me coincide co que puxeron os demaaais!!







Fase nº 3: Negociación (inutil)


Pero profee! que lle custa subirme as (20) decimiñas que mefaltaan!
(se estás moi convencido de que vas catear, é posible que xa non o intentes)







Fase nº 4: Depresión (esaxerada)

Isto non é o meu!! (chorar/darse de cabezazos contra as cousas) Voume meter a un ciclo de perruquería (canina), etc.







Fase nº 5: Aceptación (despois de rallar a dolor a todos os teus amigos)

solución 1: Anda, pero se ao final aprobei! (posiblemente sexas obxecto dalgún intento de asasinato por parte dalgún colega nos próximos días)
solución 2: ufff! bueno, xa a sacarei en setembro... (mimos dos colegas/bronca de mamá)
posted by O gato violeta
Permalink | 4 rabuñadas
sábado, 5 de enero de 2008,13:11
minipost: á xente de verdade.
ATENCIÓN: se choraches cando rematou Supermodelo 2007, se o teu prototipo de beleza son Ken e Barbie, se fas prpósitos de aninovo que ti dis que cumples, se o sanque no cine é para ti unha ordinariez, se cres que "el contacto físico es vulgar" e se a túa maior aspiración é entrar na seguinte edición de Gran Hermano no leas o seguinte minipost. (é ainda digo máis, se cumples algunha desas condicións fora do meu blog XA!)

Esta entrada vai dedicada para a xente de verdade e vouna facer en plan metroflog (por cambiar non?)


Porque este nadal collimos unha intoxicación de turrón e doces.

Porque non collemos nos vaqueiros que mercamos en decembro.

Porque non nos sentimos culpables por iso.

Porque estamos todos de acordo en que o nadal só é unha festa comercial que so intenta volvernos máis consumistas ainda.

Porque non nos importa e segumos celebrándoa.

Porque non fixemos prpósitos de aninovo que sabemos que non imos cumplir.

Porque non fixemos prpósitos de aninovo.

Porque o de "este ano vou estudar" non se considera propósito se o dis cun vaso de vodka con cocacola na man.

Porque imos ver pelis de tiros.

Porque nos quedamos pola mañá vendo os debuxos animados.

Porque o deixamos todo para o último día.

Porque cando nos atopamos cos colegas bicámonos e abrazámonos todos (nada de palmadiñas nas costas os rapaces e un bico por meixela as rapazas)

Porque queremos aos nosos amigos e se son "raritos" querémolos máis.

Porque non sabemos bailar pero ahí estamos no medio e medio co baile do parrulo.

etc.


Invito a todos os que chegaran a este punto do post a que engadan máis porques nos seus blogs.

posted by O gato violeta
Permalink | 4 rabuñadas