about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
viernes, 17 de noviembre de 2006,12:32
Maxia
Maxia. É algo sinxelo, a arte de enganar os sentidos, de desviar a atención e confundir a percepción.
Os ollos ven, pero a mente non é quen de compoñer esas imaxes, imaxes imposibles irreais. Esa é a maxia dos effectos ópticos.

A maxia é facer que a auga contradiga as leis da física. Que a lei da gravidade perda o seu significado e so sexa un cúmulo de letras. G·m·M/r2.

A xeometría desaparece
As estructuras son imposibles, os laterais convértense en frontes,
As paredes desaparecen e os ángulos fanse imposibles.



Os sentidos confúndense e as cousas cambian o seu significado segundo a posición ou dende onde se miren. A pregunta “que é iso?” tranfórmase nun xeroglífico ao que non podemos atopar unha desposta clara.

A maxia existe e é tan maravillosa como a maxia dos contos de fadas.


Finalmente propóñovos un último xogo. Collede unha regra e dicíd
eme quen é o mais alto.


Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 0 rabuñadas