about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
sábado, 24 de marzo de 2007,15:22
Indiferenza relativa (por clamor popular)




O que se me ocorre ao pensar nesta indiferenza é uhna regresión, unha regresión á infancia cando o neno comeza a andar e a explorar por si mesmo, cando vemos que sabe facer cousas que ninguen lle ensinou ou que el mesmo aprende por pura imitación, unha regresión á aquela afastada felicidade dos animais. Acadar a semellanza natural dos humanos co resto dos animais (ainda que alguns humanos xa parecen animais e outros sonno de feito, mentres que outros estan tan lonxe dos animais que nin sequera son humanos)
Mais ou menos todos chegamos a sentirnos identificados cun animal e, non sei se é evidente, pero eu sintome profundamente identificado cos felinos en xeral, co gato en particular.
Non é tanto polos tópicos que se lle aplican tradicionalmente (que tamén, o feito de que sexa o tipico animal das meigas animame moito) como por o que representa para min.
As palabras "indiferenza relativa" definennos a ambos (ao gato e máis a min). O gato é independente e vaidoso, da igual que queiras poñerlle un nome, porque só responerá a el se lle peta nese momento, non importa que o peches na casa porque intentará saltar algun muro e fuxir para voltar puntual á hora da cea.

Esta idiferenza (felina) chega a definir a miña filosofía de vida. Sen dubida eu falo so de certos gatos, non dos gatos que chean de pelos o sofá porque son auténticas bolas de pelo e cando lles berras foxen e agóchanse no seu coxín co seu ratón de goma, non. Eu falo dos gatos que te chean o sofá de pelos, rabúñancho todo e cando lles berras mantéñenche a mirada. Esa é a verdadeira indiferenza, porque realmente un sofá un pouco rabuñado non é suficientemente importante como para preocuparse ou desgustarse.

Se algunha vez vos cruzades pola rua con algunha persoa que vos mira aos ollos fixamente ata que a rebasades acabades de cruzarvos cun gato violeta.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 5 rabuñadas
jueves, 4 de enero de 2007,15:04
Poesía oriental.
Vivimos separados facendo cousas distintas
pero o noso destino é o mesmo.

Sol no ocaso
nubes rebeldes
lua tardia, crepúsculo no ceo
Non é acaso a miña imaxe?
Coas mans sobre o chan nunca
reverencia recita unha poesía:
A ra.
Quixera coñecer os seus soños entre as flores!
Pero as bolboretas non teñen voz!
A barca vaise
a gaivota regresa ao mar
as ondas rompen sobre a costa
o sol ponse

Un neno detense a mirar as flores
coa boca aberta, un pequeño Buda.

Só coa forza
non poderedes abrir
nin sequera a pequena xema
dos froitos silvestres

Ser emperador dunha illa deserta.
Que felicidade!

As miñas ideas confúndense e pérdense
lentamente, pouco a pouco
coas nubes do infinito

Para admirar as cerdeiras en flor
guiado por la nai acude o pequeno cego.

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 3 rabuñadas
viernes, 17 de noviembre de 2006,12:32
Maxia
Maxia. É algo sinxelo, a arte de enganar os sentidos, de desviar a atención e confundir a percepción.
Os ollos ven, pero a mente non é quen de compoñer esas imaxes, imaxes imposibles irreais. Esa é a maxia dos effectos ópticos.

A maxia é facer que a auga contradiga as leis da física. Que a lei da gravidade perda o seu significado e so sexa un cúmulo de letras. G·m·M/r2.

A xeometría desaparece
As estructuras son imposibles, os laterais convértense en frontes,
As paredes desaparecen e os ángulos fanse imposibles.



Os sentidos confúndense e as cousas cambian o seu significado segundo a posición ou dende onde se miren. A pregunta “que é iso?” tranfórmase nun xeroglífico ao que non podemos atopar unha desposta clara.

A maxia existe e é tan maravillosa como a maxia dos contos de fadas.


Finalmente propóñovos un último xogo. Collede unha regra e dicíd
eme quen é o mais alto.


Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink | 0 rabuñadas