Poesía oriental.
Vivimos separados facendo cousas distintas
pero o noso destino é o mesmo.
Sol no ocaso
nubes rebeldes
lua tardia, crepúsculo no ceo
Non é acaso a m

iña imaxe?
Coas mans sobre o chan nunca
reverencia recita unha poesía:
A ra.
Quixera coñecer os seus soños entre as flores!
Pero as bolboretas non teñen voz!
A barca vaise
a gaivota regresa ao mar
as ondas rompen sobre a costa
o sol ponse
Un neno detense a mirar as flores
coa boca aberta, un pequeño Buda.

Só coa forza
non poderedes abrir
nin sequera a pequena xema
dos froitos silvestres
Ser emperador dunha illa deserta.
Que felicidade!
As miñas ideas confúndense e pérdense
lentamente, pouco a pouco
coas nubes do infinito
Para admirar as cerdeiras en flor
guiado por la nai acude o pequeno cego.
Etiquetas: Maxia