about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
viernes, 25 de mayo de 2007,3:51
Eu son Shinichi Kudo


Non é só pola intriga, nin polo humor, nin pola doblaxe da TVG; o que pasa é que eu son Shinichi.
É frecuente atopar adultos que pretenden comportarse coma nenos (e non lles sae nada ben). Eu non pretendo comportarme coma un neno, pretendo que polo menos unha parte de min non dixe de selo.
Dende os quince anos son un gato adulto (de feito a palabra "adolescente" prodúceme un exceso de transpiración e calafríos) e cando digo adulto digo consciente do que pasa ao meu redor, ainda así continuan a tratarme coma un neno. Non pola idade, se non porque renego da definición tradicional de adulto, e eles non poden admitir que a miña definición e moito mellor.

Os fins de semana érgome cedo e poño os debuxos e vexo as series para cativos (Jake Long, Kim Posible, Naruto, Malcom in the middle, Codigo Lyoko, Detective Conan...) mentras desaparecen do forno as sobras de pizza da noite anterior. Cando remato fago a cama e recollo a habitación coa música a todo volume e fago o parvo diante do espello. Túmbome na cama. Durante aproximadamente media hora, dedícome a inventar mundos paralelos (no último son un androide orgánico ao que pretenden destruir por un erro de programación que lle permitiu namorarse dunha fadiña verde [seguide a chamarme friki]). Pola tarde cine cos colegas (a última "Alien"), gominolas, patacas fritas, chocolate e repertir unha e outra vez aquela frase: "acordaste naquel capitulo dos Simpons (sustituible por Padre de Familia) cando..." Pola noite messenger e logo a durmir.

Serei todo o adulto tradicional que queirades seis días á semana, pero os sábados son meus.
Este sábado son Shinichi.

Por certo, para o que queira recordar tempos mellores aquí tedes a revista do meu insti.

Etiquetas: ,

posted by O gato violeta
Permalink | 4 rabuñadas
miércoles, 9 de mayo de 2007,13:23
Test

Apeteceme facer o test a min tamén. Viva a opción copiar do botón dereito do rato.
1. O principal rasgo do meu carácter?

Indiferenza relativa. (Teño un post de iso) Tamén unha leve tendencia ao egocentrismo, por se non vos decatarades aínda.

2. A calidade que prefiro nun home/nunha muller (o que fai que alguén me caia simpático)?
O humor intelixente, polo menos un pouco, e que se note que noche vai a apuñalar polas costas.

3. A calidade que desexo nunha muller/nun home (o que fai que me sinta atraída cara alguén)?
A sinceridade ponme moito. (que ula ben conta como calidade)

4. O que máis aprecio nos meus amigos?
Que sexan capaces de ser amigos meus.

5. O meu principal defecto?
Para a maior parte da xente as cousas aféctanme demasiado pouco, pero dame igual.

6. A miña ocupación preferida?
Pintar, ler, escoitar música, bailar (moi deficientemente), ir ao cine. Todo o que poida cos colegas.

7. O meu soño de dicha?
Ter un traballo gratificante, xa teño fichada unha casa que mola mooiitoo (é unha casa de campo no medio da cidade) Para cando teña cartos. ufff!

8. Cal sería a miña maior desgraza?
Perder a alguen que quero.

9. Que quixera ser?
Eu.

10. Onde desexaría vivir?
Non sei, pero se me sacan de preto do océano (en concreo do atlántico) morro.

11. A cor que prefiro?
Non sei... teño dúbidas... Mirade o nome do blog.

12. A flor que prefiro?
Esas flores malvas pequeniñas que saen á veira dos camiños.

13. O paxaro que prefiro?
Os corvos. Por intelixentes e porque forman un trio único xunto cos gatos e as meigas.

14. Os meus autores preferidos en prosa?
Poe, Tolkien, teño unha memoria pésima e xamais recordo o nome dos autores dos libros que me gustan.

15. Os meus poetas preferidos?
A verdade, non leo demasiada poesía, pero podovos dicir se ninguha dubida que Lorca non o é (e que acabo de facer un examen del e o teño un pouco atravesado)

16. Os meus heroes de ficción?
Constantine, Shikamaru (o rapaz das sombras), Inuyasha, (House conta como heroe?) e un longo etc.

17. As miñas heroínas de ficción?
Evey (de "V de vendetta"), a prota de Kill Bill, (vai todo nesa liña)

18. Os meus compositores preferidos?
Beethoven supoño pero... pásame igual que cos autores dos libros.

19. Os meus pintores predilectos?
Clyde Caldwell, Larry Elmore (porque os ilustradores tamén viven diso), etc.

20. Os meus heroes da vida real?
Á boa xente á que non coñezo.

21. As miñas heroínas históricas?
Domino Harvey.

22. Os meus nomes favoritos?
Vitor, Xana.

23. Que detesto máis que nada?
A xente que fala berrando e a que non quere darse conta de que ir por diante non significa ir faltándose cos demáis.

24. Que caracteres históricos desprezo máis?
Os que fixeron que a xente no reaccionara da forma lóxica. Relixións.

25. Que feito militar admiro máis?
Os que acabaron co poder dos militares.

26. Que reforma admiro máis?
Calquera que faga que a xente se interese polo mundo que a rodea.

27. Que dons naturais quixeras ter?
Poder respirar debaixo da auga.

28. Como me gustaría morrer?
Sen sufrir moito, e sen causar dor. Ah! E quero unha incineración divertida.

29. Estado presente do meu espírito?
Feito po. Levo 5 exames esta semana e ainda me faltan catro. Vaime estoupar o cerebro.

30. Feitos que me inspiran máis indulxencia?
Os que se fan sen querer ou creendo realmente que se está facendo ben.

31. O meu lema?
Mais vale actuar e arrepentirse que non faleco e arrepentirse.


posted by O gato violeta
Permalink | 2 rabuñadas