about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
viernes, 25 de mayo de 2007,3:51
Eu son Shinichi Kudo


Non é só pola intriga, nin polo humor, nin pola doblaxe da TVG; o que pasa é que eu son Shinichi.
É frecuente atopar adultos que pretenden comportarse coma nenos (e non lles sae nada ben). Eu non pretendo comportarme coma un neno, pretendo que polo menos unha parte de min non dixe de selo.
Dende os quince anos son un gato adulto (de feito a palabra "adolescente" prodúceme un exceso de transpiración e calafríos) e cando digo adulto digo consciente do que pasa ao meu redor, ainda así continuan a tratarme coma un neno. Non pola idade, se non porque renego da definición tradicional de adulto, e eles non poden admitir que a miña definición e moito mellor.

Os fins de semana érgome cedo e poño os debuxos e vexo as series para cativos (Jake Long, Kim Posible, Naruto, Malcom in the middle, Codigo Lyoko, Detective Conan...) mentras desaparecen do forno as sobras de pizza da noite anterior. Cando remato fago a cama e recollo a habitación coa música a todo volume e fago o parvo diante do espello. Túmbome na cama. Durante aproximadamente media hora, dedícome a inventar mundos paralelos (no último son un androide orgánico ao que pretenden destruir por un erro de programación que lle permitiu namorarse dunha fadiña verde [seguide a chamarme friki]). Pola tarde cine cos colegas (a última "Alien"), gominolas, patacas fritas, chocolate e repertir unha e outra vez aquela frase: "acordaste naquel capitulo dos Simpons (sustituible por Padre de Familia) cando..." Pola noite messenger e logo a durmir.

Serei todo o adulto tradicional que queirades seis días á semana, pero os sábados son meus.
Este sábado son Shinichi.

Por certo, para o que queira recordar tempos mellores aquí tedes a revista do meu insti.

Etiquetas: ,

posted by O gato violeta
Permalink |