about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
domingo, 4 de marzo de 2007,6:44
Reposicións e polígrafos.
Por algunha razón ultimamente a ninguén se lle ocorren ideas para series, nin sequera series ñoñas e previsibles como as que houbo sempre. Parece que nun afan de reducir o presuposto da tele para as mulleres dos poidan mercar outro chalet ou algo así, en vez de reducirlle o salario a Ana Rosa Quintana (co que as devanditas señoras poderían mercar un bloque de pisos) decidiron despedir a todos os guionistas. Consecuencias:
  1. Reposicións: "El coche fantástico", "Magnum", "Colombo"...(A menos mala, sempre mola ver de novo esas series que cando eramos nenos parecian supersofisticadas e agora vemos os cachos de cinta aislante que pegaban os botons do coche fantastico)
  2. Polígrafos: (AAAAAAAAAA!) En antena tres todas a tardes, as noites dos venres e os sábados, en tele cinco outro tanto. Xa no lles queda ninguen a quen amarrar ao trebello, o próximo, o cadaver de algúen (e ainda lles vai dar que minte)
  3. Decimo octava temporada de "Mira quien baila" (os do polígrafo e estos teñen un tunel que vai dun plató a outro e xa non sacan de aí aos famosetes d medio pelo)
  4. Espeluznante aumento de morte neuronal. (no fai falla explicar nada non?)
Conclusión: a partir das tres e media apagade a tele (e eu que vos tamén a desenchufaba e cortaba a corrente no vaia ser o demo)

P.D. (aos que leron o post anterior e lles mola o anime cambiaron Naruto da hora, dano ás 10:45)

Etiquetas:

posted by O gato violeta
Permalink |