about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
lunes, 25 de febrero de 2008,12:20
Mestres...
Olaaa!!!! Xa estou de volta deste pequeno descansiño (hehe)


Bueno, como vos imaxinarede SI! vou rajar dos profesores. Supoño que é tirar pedras contra o meu propio tellado...¡chamémoslle crítica constructiva!


Se ti ensinas unha asignatura tal como química e es un caos de mestre podese dicir aquilo de "se sabe moita química! so que non sabe ensinala!" pero... e se o teu traballo é ensinar como ensinar?


Ese é basicamente o problema de maxisterio, que un mal profesor fai moito máis dano que en outras carreiras.


Suponse que para ser mestre dunha universidade tes que saber máis ou menos un pouco de todo... (rrrrrr) erro! e ahí vai un glorioso fragmento de apuntes dunha materia de cuxo nome non quero acordarme, pero está relacionada coas linguas e o súa aprendizaxe (este fragmento trata sobre como aprende o h líquido un neno inglés)


" la habilidad para comenzar otras palabras con /h/ parece haber sido adquirida para las palabras hi /hai/ y hello /helou/ "


Non sei, un par de palabriñas que sería útil aprender a pronunciar...


E diredes vos "ei! que ao mellor non estudou inglés!"


E eu respondo co fragmento de nº 2:


"Basándose en los estudios de M. Batterson, la estudiosa Mary Ann Petitto estudió el comportamiento..."


Sen comentarios.


Finalmente rematarei o recorrido pola aportación á lingua de Cervantes (XD) deste distinguido mestre cunha cita célebre tamén da súa propia colleita e que, segundo parece, define a súa filosofía da ensinanza:


"No tengo ningún interés en que nadie haga nada"





Ahí vai o "tocho-post" (e vos non vos chivedes, que ainda me queda un cuadrimestre de aguantalo)

Máis frases célebres aquí.

posted by O gato violeta
Permalink | 2 rabuñadas
domingo, 10 de febrero de 2008,6:42
Bailaches Carolina...

A saia da Carolina ten un lagarto pintado
carallo coa Carolina...
TIÑA UNHA SAIA DE LACOSTE!!!
posted by O gato violeta
Permalink | 1 rabuñadas