about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
viernes, 16 de noviembre de 2007,2:45
8 porqués to kill (yourself)
Ola, meu esquecido blog!!
Se vos preguntades o porque desta prolongada ausencia direivos que foi producida por unha serie de catastróficas coincidencias como a falla de ordenador o acceso a internet, o cambio de cidade domicilio etc (que dura é a vida do estudante...), unha morea de traballo escrito e unha incipiente preguiza que me asalta por etapas.
Fai unhas semanas a Raiña Vermella (por certo "me encanta tu nuevo style, osea") propoñía unha fermosa recopilación de momentos penosos. Ahí van os meus:

1. Que unha señora que so coñeces de vista belísqueche as meixelas cunha forza sobrehumana asegurando que estás moi grande cando até ti ves que non sobes do metro dez.

2.Que, na praia, te envolvan duas ondas en menos de 30 segundos.

3.Facer "top-less" involintario a causa do punto 2.

4. Intentar vestirte de malota e parecer teletubie con colar de pinchos.

5.Abrir a porta da rua ante unha visita inesperada as 5 da tarde en camisón de ovellas e bata.

6.Meterse alegremente nun coche que non é o teu (os Ford Fiesta vellos abren con calqueira chave de coche)

7.Ver nuha peli unha idea que xa sete ocurrira a ti primeiro.

8.Ir correndo polo patio da escola, oir por riba da tua cabeza un estraño tintineo e darte de conta de que te acabas de parar debaixo dunha canasta de baloncesto. Paseime unha tarde sangrando polo nariz.

Aquí vai un xogo para descargar os instintos suicidas que poida aparecer ao recordar os vosos penosos momentos "Five minutes to kill (yourself)"
posted by O gato violeta
Permalink |