Naruto Uzumaki vai ser o próximo mestre Hokage!! (eso si, sen unha pinga de sangue)

Para os amantes do anime a miña humilde recomendación: Naruto.
Para entender esta serie hai que ter sido neno, se todos fuchedes nenos ( e o lembrades, porque hai xente que cando chega aos 18 perde a memoria) comprenderedes a desubicación do protagonista.
Naruto Uzumaki é un rapaz hiperactivo e berrón que o unico que desexa é sentirse máis ou menos integrado.
Nun mundo que xa nos desubica desde o principio (hai cabinas de teléfono,fideos instantáneos, paquetes de patacas fritas e latas de pintura, pero non medios de transporte, ordenadores ou algún outro tipo de maquinaria) nun lugar inexistente e sen unha época definida, varios rapaces soñan con ser ninjas. Teñen poderes especiais, aprenden a facer unha especie de maxia coa sua propia enerxía vital e a pelexar con diferentes armas. Entretennos a incompetencia do protagonista conpensada cunha increible forza de vontade, e en cada capitulo descobrimos personaxes e técnicas novas.

Esta serie dana as 9:45 en "Cuatro" entre o primeiro capítulo do día de "Rebelde Way" e "Dragon ball", entre unha serie que directamente queima as neuronas dos nenos e outra hiperviolenta (con toda a miña adoración a "Dragon Ball"). Naruto ten un debuxo impresionante e unha trama traballada, pero existe unha diferenza coas demais. De cando en vez, cando un adulto rancio cree que algunha imaxe é demasiado forte para o inocente neno de catro anos ao que poñen a ver a tele para que non moleste, discretamente, difuminan a pantalla en blanco e fan que algén berre moi forte para que se note que está pasando algo malo. Se a censura é incoherente de por si esta éo aínda máis, porque cando alguén morre coidanse de que o faga sen sangrar nin un pouquiño, pero non pasa nada cando unha serpe xigante e terrible devora ao protagonista e este ten que reventala dende dentro para fuxir.
Aínda así é unha boa serie, aos que teñades ADSL un consello: chupade subtítulos e vedea en youtube, vale a pena.
Etiquetas: Anime