about

Nome: O gato violeta

Especie: Gato. Raza: A máis barata nas tendas de animais. Cor: Violeta. Comida favorita: Peixes, Ratos, Lasagna...
Predileccións
  • Non me gusta nada : a auga fría
  • Encantanme : as raspas e as cabezas
  • A musica : Muse
  • Os libros : Calquera de dragóns
Do meu blog
    Porque os gatiños tamen teñen dereito a opinar
    relojes web gratis
Creditos
Layout design by: Pannasmontata
domingo, 13 de julio de 2008,4:28
Versións
Antes de quedar definitivamente incomunicada ata setembro escribo este minipost analizando o extraño fenómeno das versións de cancións e os seus tipos.

Tipo 1. Versión totalmente irrecoñecible de non ser pola letra.

Orixinal:





Versión:




Tipo 2. Versiono isto porque me fai coña cantala (moitas veces mellora sustancialmente)

Orixinal:





Versión:






Tipo 3. Versiono unha canción porque non son quen de cantar unha "miña" de xeito.
Cando o teu "grande éxito" é unha versión mal feita podías ir recoñecendo que eres un pringado...

Orixinal: Tema dos 80 decente.





Versión: Tradución patateira do mesmo tema ao español cantada por Julio Iglesias Jr.




Despidome ata setembro cunha versión que deixe bo sabor de boca:





CLASIFICADE AS VOSAS VERSIÓNS!
posted by O gato violeta
Permalink | 1 rabuñadas
viernes, 16 de mayo de 2008,15:03
G-A-T-O-S
vivía no galpón,

........entraba polo furado do

...............tellado

.......cando se facía noite. as poutas eran finas. rabuñaba con facilidade. tiña as orellas

...........grandes, os bigotes longos e o fociño

......rosa. os ollos

............todos

amarelos e o rabo

longo longo... frotaba o lombo contra as pernas da dona e

........púñaselle de punta o pelaxe se algún can

...........entraba na casa

...............ou na finca.

.................gustaballe lamer o leite do seu plato, que lle rascaran a

......barriga, as raspas de sardiñas e

.............saltar ás árbores para cazar

.................os paxaros.
posted by O gato violeta
Permalink | 0 rabuñadas
domingo, 13 de abril de 2008,6:23
A publicidade por Calvin

Clicar para velo en grande.
posted by O gato violeta
Permalink | 3 rabuñadas
martes, 11 de marzo de 2008,8:12
Agasallos bonitos bonitos!
Xa sabedes como vai non?


*TOP 5 *





*Os peores agasallos da historia*





No posto nº 5 por "Sálvaste porque es quentiña"... A MIÑA BATA DE CASA ROSA!!
Trouxéronma os reis hai un par de nadais, supoño que se confundiron porque na etiqueta poñía "Violeta" pero aínda lle discuto á miña nai que é rosa.



Dademe a razón! é ou non é rosa?

No posto nº 4, por "Inutilidade intrínseca sobre a miña persoa"... PENDENTES!
Que, coma eu non tiro nada, acabaron funcionando de chinchetas ou despezados e convertidos en colgantes.
Están no 4 porque nunca me regalaron uns tan feos...

No posto nº 3 por "En que momento imaxinaches que ia usar iso?" O MOEDEIRO DA AMIGA DE KITTY
Que está nun caixón cheo de moedas de céntimo, xa dixen que eu non tiro nada?


Era ese becho de aí. Din que é un coello, vale, pon que cho creo, pero que (insertar palabra malsoante) leva na cabeza.








No posto nº 2, achegándose peligrosamente ao peor agasallo da historia por "Maiormente cutre" ... UNHA AXENDA DE PIOLÍN ATRASADA!!!




Con esa non puiden facer nada, segue nalgunha caixa por aí creo...








E co nº 1... (que nerviosss) por "Que che fixen eu para merecer este castigo?".... A CAMISETA ESTAMPADA COS COELLIÑOS DE PLAY BOY

Que nin sequera fixo falla cambiar, porque en canto lle explicamos á boa da muller que eran eses coelliños tan monos xa ma cambiou ela.

posted by O gato violeta
Permalink | 6 rabuñadas
lunes, 25 de febrero de 2008,12:20
Mestres...
Olaaa!!!! Xa estou de volta deste pequeno descansiño (hehe)


Bueno, como vos imaxinarede SI! vou rajar dos profesores. Supoño que é tirar pedras contra o meu propio tellado...¡chamémoslle crítica constructiva!


Se ti ensinas unha asignatura tal como química e es un caos de mestre podese dicir aquilo de "se sabe moita química! so que non sabe ensinala!" pero... e se o teu traballo é ensinar como ensinar?


Ese é basicamente o problema de maxisterio, que un mal profesor fai moito máis dano que en outras carreiras.


Suponse que para ser mestre dunha universidade tes que saber máis ou menos un pouco de todo... (rrrrrr) erro! e ahí vai un glorioso fragmento de apuntes dunha materia de cuxo nome non quero acordarme, pero está relacionada coas linguas e o súa aprendizaxe (este fragmento trata sobre como aprende o h líquido un neno inglés)


" la habilidad para comenzar otras palabras con /h/ parece haber sido adquirida para las palabras hi /hai/ y hello /helou/ "


Non sei, un par de palabriñas que sería útil aprender a pronunciar...


E diredes vos "ei! que ao mellor non estudou inglés!"


E eu respondo co fragmento de nº 2:


"Basándose en los estudios de M. Batterson, la estudiosa Mary Ann Petitto estudió el comportamiento..."


Sen comentarios.


Finalmente rematarei o recorrido pola aportación á lingua de Cervantes (XD) deste distinguido mestre cunha cita célebre tamén da súa propia colleita e que, segundo parece, define a súa filosofía da ensinanza:


"No tengo ningún interés en que nadie haga nada"





Ahí vai o "tocho-post" (e vos non vos chivedes, que ainda me queda un cuadrimestre de aguantalo)

Máis frases célebres aquí.

posted by O gato violeta
Permalink | 2 rabuñadas
domingo, 10 de febrero de 2008,6:42
Bailaches Carolina...

A saia da Carolina ten un lagarto pintado
carallo coa Carolina...
TIÑA UNHA SAIA DE LACOSTE!!!
posted by O gato violeta
Permalink | 1 rabuñadas
sábado, 26 de enero de 2008,6:30
As cinco fases do (post)exame.


Fase nº 1: Negación (do evidente)

Exame? que exame?, eu non tiña ningún exame (mamá)







Fase nº 2: Ira

Aaaaaaahhhhhhhh!!!!! por que non me coincide co que puxeron os demaaais!!







Fase nº 3: Negociación (inutil)


Pero profee! que lle custa subirme as (20) decimiñas que mefaltaan!
(se estás moi convencido de que vas catear, é posible que xa non o intentes)







Fase nº 4: Depresión (esaxerada)

Isto non é o meu!! (chorar/darse de cabezazos contra as cousas) Voume meter a un ciclo de perruquería (canina), etc.







Fase nº 5: Aceptación (despois de rallar a dolor a todos os teus amigos)

solución 1: Anda, pero se ao final aprobei! (posiblemente sexas obxecto dalgún intento de asasinato por parte dalgún colega nos próximos días)
solución 2: ufff! bueno, xa a sacarei en setembro... (mimos dos colegas/bronca de mamá)
posted by O gato violeta
Permalink | 4 rabuñadas